viernes, 20 de noviembre de 2015

Exprimindo o Outono!!

O Envellecemento Activo fomenta que as persoas potencien o seu benestar físico, social e mental e favorece ó seu desenvolvemento persoal.
Reconocer e estimular a contribución das persoas maiores á sociedade é o primeiro paso para garantir a súa participación activa na mesma.


A continuación podedes descubrir pequenos momentos dos que disfrutamos:






lunes, 19 de octubre de 2015

Estamos de volta!

Xa rematou o verán, a calor, as verbenas, as vacacións coa familia...
E qué fan mentres o grupo de maiores do Programa de Envellecemento Activo do Concello de Cabanas?
Volven con mais enerxía ca nunca. Esta vez exercitando o corpo e a mente a través de exercicios aeróbicos e memorísticos que integrando o xogo, o canto e o baile buscan favorecer o desenvolvemento persoal.

martes, 30 de junio de 2015

Comeza o verán...

O Programa de Envellecemento Activo do Concello de Cabanas volverá en setembro para desfrutar das aventuras, experiencias, anécdotas, historias e contos  das e dos participantes. 

Mentres, podedes apreciar pequenos fragmentos dos que vivimos neste tempo no vídeo publicado a continuación.

Moitas grazas a todas/os por agasallarnos estes prezados momentos!


domingo, 21 de junio de 2015

Revisitando Cabanas

Durante os dous meses que levamos de actividade co grupo de maiores tivemos a oportunidade de visitar con todas elas e eles diferentes puntos do municipio cabanés, algúns deles moi usuais, pero outros ós que facía máis de 30 anos que non pasaban por alí.

Algúns dos puntos visitados foron:

- O Apeadoiro do Tren
- O Pinar de Cabanas
- O entorno da Casa Grande ou Pazo de Riobó.
- Adro da Igrexa de Eiríns

Para visitar todos estes sitios contamos co apoio do transporte contratado polo concello. Para garantir a comodidade das e dos participantes levamos cadeiras/os para todas/os e unha vez alí as e os participantes comezan a lembrar as súas vivencias naquel lugar, contos, historias, anécdotas, moceríos... 

Trátase dunha actividade moi divertida e reconfortante para as e os participantes.


martes, 9 de junio de 2015

Obradoiro "A Nosa Historia"

Unha das actividades estrela desta programación é o Obradoiro "A Nosa Historia". Consiste en realizar visitas a lugares emblemáticos do Concello de Cabanas para que as e os participantes nos conten as vivencias, historias e experiencias que teñen asociadas a eses lugares, pois alí pasaron parte das súas vidas. 

O obxectivo é que todo o proceso se grabe en video para crear unha presentación que se proxectará o último día do obradoiro.


Obradoiro de Cociña Creativa

Nos meses de maio e xuño, combinando con outro tipo de actividades, levaremos a cabo un Obradoiro de Cociña Creativa, onde as e os participantes aprenderán a cociñar pratos novidosos, receitas creativas, e sobre todo técnicas que lle axuden a cociñar dunha maneira diferente.

Trátase dun gran reto, pois a gran maioría das e dos participantes xa saben cociñar, pero con técnicas máis tradicionais, polo que descubrir novos ingredientes, novas técnicas, novas receitas...

E o mellor de todo é a última fase da actividade: a degustación. 


Programa de Envellecemento Activo Maio - Novembro 2015

O envellecemento é un fenómeno que afecta a todas as persoas dunha sociedade, polo que dende as entidades municipais débese abordar como unha necesidade das súas veciñas e veciños.

Cando chegamos á senectude faise necesario adoptar hábitos de vida saudable, vivir dun xeito libre, participar socialmente … Así medraremos como persoas e membros da sociedade.

A proposta que facemos baséase en catro eixes fundamentais do envellecemento activo:
-      Envellecer seguras e seguros
-      Envellecer saudablemente
-      Envellecer participando e contribuindo
-      Envellecer formándose e educándose


Sempre dende unha visión positiva do envellecemento, centrándonos nas potencialidades desta etapa vital.