Mostrando entradas con la etiqueta rememoria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta rememoria. Mostrar todas las entradas

domingo, 21 de junio de 2015

Revisitando Cabanas

Durante os dous meses que levamos de actividade co grupo de maiores tivemos a oportunidade de visitar con todas elas e eles diferentes puntos do municipio cabanés, algúns deles moi usuais, pero outros ós que facía máis de 30 anos que non pasaban por alí.

Algúns dos puntos visitados foron:

- O Apeadoiro do Tren
- O Pinar de Cabanas
- O entorno da Casa Grande ou Pazo de Riobó.
- Adro da Igrexa de Eiríns

Para visitar todos estes sitios contamos co apoio do transporte contratado polo concello. Para garantir a comodidade das e dos participantes levamos cadeiras/os para todas/os e unha vez alí as e os participantes comezan a lembrar as súas vivencias naquel lugar, contos, historias, anécdotas, moceríos... 

Trátase dunha actividade moi divertida e reconfortante para as e os participantes.


martes, 9 de junio de 2015

De onde vimos? Os antecedentes


Antes de comezar o actual Programa de Envellecemento Activo coa xente maior de Cabanas, as e os participantes disfrutaron do Proxecto "Rememoria" do que adxuntamos unha pequena descrición.


Que é Rememoria?


“Rememoria: envellecemento activo a través da reminiscencia e as novas tecnoloxías”, é un programa de actividades de envellecemento activo posto en marcha polo Concello de Cabanas (A Coruña) e financiado pola Deputación da Coruña que se centran nun grupo específico da nosa sociedade: as Persoas Maiores.
Pretende ser unha ferramenta de apoio para contribuír ao mantemento das funcións psicomotrices e mentais das e dos nosos maiores a través da iniciación e o uso das novas tecnoloxías da información e a posta en valor da historia das persoas maiores.
Cando a persoa se encontra na etapa da vellez ou nos últimos anos das súas vidas, a historia vital xa encóntrase practicamente construída e consolidada.
Os recordos pasados cobran gran relevancia no seu proceso de reflexión e análise de acontecementos vividos.
A recuperación de recordos e vellos momentos, o intercambio de experiencias, a rememoración de logros e glorias pasadas asóciase con múltiples beneficios tanto nas esferas psicolóxicas, sociais, emocionais e relacionais.
Por outra banda, a poboación maior conta cun legado cultural e histórico que en moitas ocasións pérdese ao non ser transmitido ás novas xeracións.
Neste senso as novas tecnoloxías e en concreto as redes sociais preséntansenos coma unha ferramenta idónea para a transmisión desta información.
Así, case trinta maoires do Concello de Cabanas reunímonos todos os martes para adentrarnos no mundo das novas tecnoloxías e dende o traballo cos nosos recordos para publicar neste Blog aquelas historias e memorias sobre recordos, inquedanzas e intereses.
Esperamos que vos guste compartilos con nós!