martes, 9 de junio de 2015

De onde vimos? Os antecedentes


Antes de comezar o actual Programa de Envellecemento Activo coa xente maior de Cabanas, as e os participantes disfrutaron do Proxecto "Rememoria" do que adxuntamos unha pequena descrición.


Que é Rememoria?


“Rememoria: envellecemento activo a través da reminiscencia e as novas tecnoloxías”, é un programa de actividades de envellecemento activo posto en marcha polo Concello de Cabanas (A Coruña) e financiado pola Deputación da Coruña que se centran nun grupo específico da nosa sociedade: as Persoas Maiores.
Pretende ser unha ferramenta de apoio para contribuír ao mantemento das funcións psicomotrices e mentais das e dos nosos maiores a través da iniciación e o uso das novas tecnoloxías da información e a posta en valor da historia das persoas maiores.
Cando a persoa se encontra na etapa da vellez ou nos últimos anos das súas vidas, a historia vital xa encóntrase practicamente construída e consolidada.
Os recordos pasados cobran gran relevancia no seu proceso de reflexión e análise de acontecementos vividos.
A recuperación de recordos e vellos momentos, o intercambio de experiencias, a rememoración de logros e glorias pasadas asóciase con múltiples beneficios tanto nas esferas psicolóxicas, sociais, emocionais e relacionais.
Por outra banda, a poboación maior conta cun legado cultural e histórico que en moitas ocasións pérdese ao non ser transmitido ás novas xeracións.
Neste senso as novas tecnoloxías e en concreto as redes sociais preséntansenos coma unha ferramenta idónea para a transmisión desta información.
Así, case trinta maoires do Concello de Cabanas reunímonos todos os martes para adentrarnos no mundo das novas tecnoloxías e dende o traballo cos nosos recordos para publicar neste Blog aquelas historias e memorias sobre recordos, inquedanzas e intereses.
Esperamos que vos guste compartilos con nós!

No hay comentarios:

Publicar un comentario